PABLO SANMAMED
PABLO SANMAMED: A ESTRELA MOSTRADA
Pablo Sanmamed — contrabaixo e dirección
Begoña Olavide — salterio e voz
Elena Tarrats — voz
Xurxo Varela — viola de gamba e voz
Iago Mourinho — piano
Chus Pazos — percusión
En A estrela mostrada, Pablo Sanmamed propón unha viaxe sonora que conecta o medieval co contemporáneo a través do jazz. Inspirado nas cantigas da lírica galego-portuguesa e noutras tradicións antigas, o proxecto constrúe unha proposta profundamente emocional onde o pasado dialoga co presente.
O sexteto liderado por Sanmamed integra voces e instrumentos que transcenden fronteiras estilísticas, combinando a improvisación co rigor das formas antigas nun universo sonoro singular e inmersivo


