Kid Mount
Evento concluido
Vie 6
Jun 2025
22:00h
Vigo (Pontevedra - Vigo)
Kid Mount - Presentación NeoAmor na Sala Kominski de Vigo.
O artista de Xinzo de Limia, coñecido como “o neno do monte” ou “o pico e o tres (<3)”, combina neoperreo, funk brasileiro e emoción sen filtros nun EP de sete temas sobre as distintas formas de amar. Con máis de 8.000 oíntes mensuais en Spotify e cancións como “Meu Amor” superando as 80.000 reproducións, Kid Mount consolídase como unha das voces máis prometedoras da música urbana en galego.






